Faite socio!


         A Banda de música de Sanxenxo despois destes anos de méritos recoñecidos decide facer unha andaina aínda máis comprometida coa nosa cultura. Comeza a ampliación de socios na Sociedade musical en prol de unha mellora das condicións da banda e dos músicos inscritos nela. Por iso solicitamos a vosa colaboración na campaña Nós colaboramos coa nosa cultura”.  
         Podedes facer unha aportación puntual en persoa ou facelo directamente polo banco, anotando na folla de inscrición o nº de conta e a cantidade que decidides aportar.
          Recibiredes información puntual e detallada, ademais de amplas vantaxes para os socios, dende revistas, entradas a concertos gratuítos, e a posibilidade de contratar a banda con mellores prezos. Xa sabedes, ”apúntate e colabora, saímos gañando todas e todos”.
           Precisamos da vosa colaboración para tirar adiante, a Banda e o camiño de moitos rapaces e rapazas para favorecer a inclusión nunha sociedade de respeto e de valores, entorno ao mundo da música, comezando dende ben cativos.
           Tamén podedes facer o ingreso na conta da banda dende calquera oficina de NovaGalicia Banco, aquí tedes o nº de conta da banda:

ABANCA
Número IBAN da conta
E
S
6
1
-
2
0
8
0
-
0
5
7
0
-
6
8
3
0
-
4
0
0
0
-
3
2
0
7


Atentamente agradecidos deixámosvos a circular coa ficha de inscrición, se tedes algunha dúbida nós estamos a vosa disposición.
Xa colaboran connosco empresas e particulares, que decidiron apoiar á cultura no noso Concello. A todas elas e eles: moitas grazas.